07/11/09

o noso blogue vai medrando

Fixádevos na barra da dereita porque hai moitos enlaces novos: xogos, prensa, recursos... No apartado "Para aprender xogando" tedes moitas actividades. Teredes que ir probando para averiguar cales vos van mellor segundo a vosa idade ou os vosos gustos. Se entrades no blogue dende a casa pedídelle axuda aos maiores e facédeo xuntos, pode ser moi divertido!
No apartado de "Recursos" tedes dicionarios, atlas, enciclopedias...
Este enlace que vos destaco aquí ten actividades sobre un montón de temas. Non lle perdades a pista!

5 comentarios:

  1. Alumnado de 2º A13:39, 09/11/09

    Somos os rapaces e as rapazas de 2ºA. Estamos aprendendo a manexar o blogue. Gústanos moitos a todos a nosa biblioteca.Hai uns libros moi interesantes. Casi que nos dan ganas de quedarnos a vivir nela. O blogue é interesante e divertido. Hai tantas cousas que podemos estar un montón de tempo nel. Prometemos entrar a miúdo no blogue para ver qué nos conta Lusca!!

    ResponderEliminar
  2. Andrea c.v.10:18, 12/11/09

    Ola,
    TEÑO QUE PROBAR ESE XOGO COMO SEA!!!!
    aver se me vai...



    Bikiñoss

    ResponderEliminar
  3. Yérica 5º16:39, 17/11/09

    Andrea ten razón todos o tiñamos que probar...
    Vouno probar e se me gusta vovo e digovos que me pareceu.
    Biquiños e apertas!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Vicky e Yérica de 5º17:02, 17/11/09

    Ola, somos Yérica e Vicky de 5º.
    Gustounos bastante entre todos os xogos o de matemáticas!
    O xogo chamase Sumar sen parar.
    Espero que vos guste e o probedes.
    Bolo recomendamos!!!!!!!
    Biquiños e apertas de Yérica e Vicky.****

    ResponderEliminar
  5. encantame o blogue lusca e o portal da zona dos alumnos primaria




    bikos

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!