15/01/15

O GRÚFALO

Qué un GRÚFALO?
É UN BICHO UN POUCO REPELENTE...DEDAS DESPARRAMADAS, UNHA VERRUGA NA PUNTA DO NARIZ...O XEADO DE BUFO É UNHA DAS SÚAS COMIDAS FAVORITAS.


Neste conto vese como a ASTUCIA ten máis poder que calquera MONSTRO, aínda que se trate dun con horrorosos cairos, con poutas como puntas de coitelos, con dentes terribles e amarelos, con vultos nos xeonllos, espulla velenosa na punta do nariz, dedos do pé esparexidos, lingua negra, lombo cheo de espiñas. ...

É unha lección que nos dá o seu pequeno protagonista:un rato, moi listo e astuto que coa súa xenialidade despista e engana ao animal máis feroz e temido do bosque que se vai encontrando e como consegue de forma brillante, resolver o problema que se lle presenta ao comprobar que o ser imaxinario que inventara para despistar cada inimigo que pretende comelo... aparece no medio do bosque, tal e como o imaxinara e o describira... E ao que igualmente engana.

Rompendo as leis da natureza, neste conto o tamaño non importa para saír vitorioso... e é por todo isto que vos conto que é altamente recomendable para contarllo a calquera peque, que pampo a escoitará...

A súa autora, Julia Donaldson é das máis populares de Gran Bretaña. A súa colaboración co ilustrador Axel Scheffler foi recoñecida con importantes premios e converteu a El Grúfalo nun clásico. Tamén é autora de obras de teatro para nenos e cancións.

O ilustrador do grúfalo é Axel Scheffler.

Naceu en Hamburgo, pero dende hai moitos anos vive en Inglaterra. É unha das grandes estrelas da ilustración para nenos en todo o mundo e todos os seus libros teñen un enorme éxito.

E aínda que os seu é ter o conto orixinal na man, ábrovos o apetito con este vídeo que encontrei en You Tube...








HOXE, DÚAS NENAS DE 3º, NOA PARDIÑAS E CARMEN, NENAS CON EXPERIENCIA NA LECTURA EN VOZ ALTA, CONTÁRONNOS O CONTO DO GRÚFALO E FIRÉRONO MOI BEN.



CLICLA NA IMAXE PARA VER ESTA PÁXINA WEB EN INGLÉS SOBRE O GRÚFALO.

Velaquí vos deixamos coas fotos da fantástica lectura de Carmen e Noa!!!

Moitas grazas!!!





2 comentarios:

  1. Grazas por darnos a coñecer a unha autora como Julia Donaldson. Ás nenas de terceiro pola súa lectura de O Grufalo e a Xanela polos enlaces sobre a autora.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario, produce moita satisfacción saber que hai vida fora da Xanela e se valora como sempre moitísimo.
      Grazas tamén ás nenas de 3ª pola súa marabillosa lectura.

      Eliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!