29/04/13

IV CERTAME LITERARIO "XANELA"

Coma en anos anteriores, a Biblioteca Xanela, volve a convocar o seu CERTAME LITERARIO.
Queremos deixar as BASES polas que se rexirá o concurso.
Moitos ánimos e a PARTICIPAR!!!

CONVOCATORIA 12/13

 Como todos os anos A BIBLIOTECA XANELA convoca o CERTAME  de Literatura nas modalidades de ALBUM
ILUSTRADO, para EDUCACIÓN INFANTIL, NARRATIVA para o PRIMEIRO CICLO, BANDA DESEÑADADA para o SEGUNDO CICLO e TEATRO para o TERCEIRO CICLO e unha categoría especial.
 

Os premios XANELA teñen por obxecto distinguir as obras dos autores do colexio Sanjurjo de Carricarte, escritas en lingua GALEGA.

O equipo de Biblioteca, xunto co de Normalización Lingüística resolven:

·        PRIMEIRO:

-Os premios nas modalidades de album ilustrado, narrativa, banda deseñada e teatro correspondentes ao curso 2012/2013, distinguirán as mellores obras entregadas de cada un dos xéneros.

-Os traballos serán libres, pódense incluir ilustracións, poden ser escritos a man ou feitos en word...

-A primeira fase de selección correrá a cargo das titoras, que entregarán ao xurado como máximo catro traballos.

·        SEGUNDO:

-Os premios en cada modalidade terán un agasallo que percibirán @s autores das obras e poderán ser declarados desertos.

-Quedan excluídos aqueles traballos que non estean ben presentados e non se axusten ás normas do concurso que cada titora explicará nas aulas.

 ·        TERCEIRO:

Para a concesión dos premios constituirase un Xurado, cuxa composición será a que segue:

-Isi: Coordinadora de Biblioteca

-Maite Otero: Coordinadora de Normalización Ling.

-Raquel: Coordinadora de EACE

-Manuel: Coordinador de Tics

·        CUARTO:

Será competencia do Xurado:

-A valoración das obras e o fallo dos Premios. O xurado valorará a creatividade das obras, a preocupación pola linguaxe, a orixinalidade e a expresión literaria e plástica.

 ·        QUINTO:

O prazo de entrega dos traballos remata o 24 DE MAIO do presente ano. Aquelas persoas que o presenten fora de plazo non poderán participar no mesmo.
 
·        SEXTO:

A presente resolución entra en vigor o mesmo día da súa publicación no blogue da Xanela e a Web do colexio.
A Coruña, 29 de Abril de 2013

un venres con lectura de cine

Este venres pasado disfrutamos  dunha sesión na que hubo un pouquiño de lectura en voz alta e outro pouquiño de cine, xa que na Biblio temos unha exposición de  libros dos que despois fixeron unha peli.
Durante a semana puxéronnos pelis de Pipi Calzaslargas, do mundo de Coraline e imos continuar tamén nesta.
Lusca, entregou os detalles pola colaboración dos nen@s do cole no concurso: o meu libro favorito é ...e quedou encantada de todos  libros e os debuxos  que aparecen reflexados...dixo que vai colgalos por todo o cole para que os vexamos. MOITAS GRAZAS e FELICIDADES!!!
Unha pequena mostra do venres...


26/04/13

Os alumnos de 5º, no Concello

Onte, mércores 25 de abril, un grupo de alumnos da aula de 5º, representando aos seus compañeiros asistiron ao acto de solicitude de licenzas de venda para o Mercado Semente, que se celebrará o vindeiro 25 de maio no Obelisco.
O proxecto Semente é un programa ofertado polo Concello. As aulas participantes teñen que constituír unha empresa  en forma de cooperativa. Aprenden todos os aspectos relativos á constitución: elaboración de estatutos, elección do equipo directivo, elaboración de produtos, publicidade...  E finalmente teñen a ocasión de vender os seus produtos no Mercado que se organiza a final de curso.
A aula de 5º leva todo o curso traballando con moita ilusión nesta iniciativa e xa teñen unha chea de cousas para vender. As ganancias que obteñan empregaranse no seguinte:
1º- Devolver o capital inicial aos socios da cooperativa (os alumnos e alumnas)
2º- Pagar unha porcentaxe, en forma de impostos, á ONG Solidariedade Internacional Galiza.
3º- Financiar parte da excursión de fin de etapa.
Hoxe sae na prensa a noticia do evento de onte, Na Voz de Galicia e na Opinión.
Aquí vos deixo unha foto do grupo que asistiu ao acto.

25/04/13

FotoGRAFÍA EN curs...NOVA ENTRADA

"Xa contamos na sesión anterior que o noso traballo tería unha doble vertente: por un lado traballaríamos co alumnado no centro e por outra buscaríamos a complicidade das familias. Para iso era necesario ter unha sesión de formación con ambos".
Xa podedes volver a entrar na páxina de FOTOGRAFÍA EN CURS (enlace na columna da dereita)  para ler a seguinte entrada...lembrade!!! no apartado BLOQUE

23/04/13

cine na Xanela : PIPI Calzasalgas.

Toda esta semana a BIBLIOTECA XANELA abre como cada día as súas portas para ver "cine". Proxectamos películas que saíron directamente dun LIBRO.



Hoxe disfrutamos dun capítulo de "PIPI CALZASLARGAS".
A maioría de nós coñecemos a este personaxe  pola tele e  a pecosa de pelo bermello máis libre e salvaxe sempre será a inimitable Inger Nilsson, aínda que o personaxe ten varios anos máis que a famosa serie e é que naceu nos libros a mediados dos anos 40. Hoxe queremos render unha homenaxe a un dos libros xuvenís máis intelixentes que se escribiron xamais.

A autora

O personaxe de Pippi Calzaslargas foi creado por Astrid Lindgren en 1941. A súa autora nacera en Suecia en 1907 e criouse felizmente nunha granxa con dúas irmás e un irmán. Empezou a escribir as historias de Pippi para regalarllas á súa filla cando cumprise 10 anos. Pronto empezou a cosechar as boas críticas e a simpatía co público máis novo e dedicouse a escribir libro.



O argumento

Orfa de nai e cun pai ausente (é un pirata rei) Pippi Calzaslargas vive soa na súa casa cun cabalo con lunares e un mono. Lonxe de vivir amargada,  invéntase un mundo á súa medida. Un mundo de fantasía onde todo é posible. Pronto coñece a Tommy e Annika que lle acompañarán nas súas aventuras. Un detalle a ter en conta é a enorme forza da moza de 9 anos, capaz de tombar a un adulto. Todo no seu mundo é extravagante, ata cando fai limpeza.

O trasfondo

O libro ten diversas lecturas como a maioría dos libros infantís. Por unha banda están as aventuras delirantes de Pippi, Tommy e Annika, a parte divertida e que engancha cos máis pequenos, e por outro o trasfondo social e psicolóxico da protagonista que chegou a ser acusado de cruel (por vivir soa), irresponsable e anarquista por facer sempre o que cría oportuno, algo que non sempre entendeu nin aceptou a crítica.

Pipi  é un libro intelixentísimo, cun humor poucas veces visto nun libro infantil e que pode ser degustado perfectamente por nenos como por adultos. Por suposto que non nos fará esquecer a serie coa que crecemos, pero descubriremos a unha Pippi con moitos matices e pasarémonolo/pasarémosnolo en grande.
 
 

 

 


23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe levamos a cabo unha actividade conxunta no patio do cole e que resultou moi bonita, xa que rapaces maiores con rapaces pequenos, todos xuntos e todos mesturados, fixemos a lectura, como facemos tódolos días, aínda que hoxe, co gallo do DÍA DO LIBRO, limos no patio, cun día espectacular.
Os maiores lían aos máis pequenos e os máis pequenos aos maiores!!!!!
Podedes velo nas imaxes que falan por sí mesmas.

21/04/13

no mes de abril...a viaxe de María


A nosa compañeira Maite, de educación infantil, enviounos esta historia ilustrada para que saibamos un pouquiño máis.
“Unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de color, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven como súa filla se comporta dun xeito especial, ata confirmaren o diagnóstico: autismo”
Vídeo fermoso e duro, pero real, como reais son estes nenos. Foi publicado pola Fundación Orange como parte da campaña para achegarlle o coñecemento do autismo á sociedade. A curtametraxe foi realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.
Fonte: Asociación Española de Pediatras de Atención Primaria (AEPAP)