29/04/13

IV CERTAME LITERARIO "XANELA"

Coma en anos anteriores, a Biblioteca Xanela, volve a convocar o seu CERTAME LITERARIO.
Queremos deixar as BASES polas que se rexirá o concurso.
Moitos ánimos e a PARTICIPAR!!!

CONVOCATORIA 12/13

 Como todos os anos A BIBLIOTECA XANELA convoca o CERTAME  de Literatura nas modalidades de ALBUM
ILUSTRADO, para EDUCACIÓN INFANTIL, NARRATIVA para o PRIMEIRO CICLO, BANDA DESEÑADADA para o SEGUNDO CICLO e TEATRO para o TERCEIRO CICLO e unha categoría especial.
 

Os premios XANELA teñen por obxecto distinguir as obras dos autores do colexio Sanjurjo de Carricarte, escritas en lingua GALEGA.

O equipo de Biblioteca, xunto co de Normalización Lingüística resolven:

·        PRIMEIRO:

-Os premios nas modalidades de album ilustrado, narrativa, banda deseñada e teatro correspondentes ao curso 2012/2013, distinguirán as mellores obras entregadas de cada un dos xéneros.

-Os traballos serán libres, pódense incluir ilustracións, poden ser escritos a man ou feitos en word...

-A primeira fase de selección correrá a cargo das titoras, que entregarán ao xurado como máximo catro traballos.

·        SEGUNDO:

-Os premios en cada modalidade terán un agasallo que percibirán @s autores das obras e poderán ser declarados desertos.

-Quedan excluídos aqueles traballos que non estean ben presentados e non se axusten ás normas do concurso que cada titora explicará nas aulas.

 ·        TERCEIRO:

Para a concesión dos premios constituirase un Xurado, cuxa composición será a que segue:

-Isi: Coordinadora de Biblioteca

-Maite Otero: Coordinadora de Normalización Ling.

-Raquel: Coordinadora de EACE

-Manuel: Coordinador de Tics

·        CUARTO:

Será competencia do Xurado:

-A valoración das obras e o fallo dos Premios. O xurado valorará a creatividade das obras, a preocupación pola linguaxe, a orixinalidade e a expresión literaria e plástica.

 ·        QUINTO:

O prazo de entrega dos traballos remata o 24 DE MAIO do presente ano. Aquelas persoas que o presenten fora de plazo non poderán participar no mesmo.
 
·        SEXTO:

A presente resolución entra en vigor o mesmo día da súa publicación no blogue da Xanela e a Web do colexio.
A Coruña, 29 de Abril de 2013

1 comentario:

  1. Coma estou no terceiro ciclo terei que facer un texto teatral para o concurso. Aínda recordo que o ano pasado gañei na categoría de cómic e teño o diploma enriba do meu escritorio.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!