29/04/13

un venres con lectura de cine

Este venres pasado disfrutamos  dunha sesión na que hubo un pouquiño de lectura en voz alta e outro pouquiño de cine, xa que na Biblio temos unha exposición de  libros dos que despois fixeron unha peli.
Durante a semana puxéronnos pelis de Pipi Calzaslargas, do mundo de Coraline e imos continuar tamén nesta.
Lusca, entregou os detalles pola colaboración dos nen@s do cole no concurso: o meu libro favorito é ...e quedou encantada de todos  libros os debuxos  que aparecen reflexados...dixo que vai colgalos por todo o cole para que os vexamos. MOITAS GRAZAS e FELICIDADES!!!
Unha pequena mostra do venres...


1 comentario:

  1. Estou na casa mirando estas fotos e acórdome perfectamente dese venres no que estivemos na biblioteca á hora do recreo lendo contos de cine. Aínda acórdome de que leron Carla e Uxía. Carla leu "Matilda" e Uxía leu "James e o melocotón xigante". ¡Vaia memoria! Paseino moi ben ese día na biblioteca.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!