26/04/13

Os alumnos de 5º, no Concello

Onte, mércores 25 de abril, un grupo de alumnos da aula de 5º, representando aos seus compañeiros asistiron ao acto de solicitude de licenzas de venda para o Mercado Semente, que se celebrará o vindeiro 25 de maio no Obelisco.
O proxecto Semente é un programa ofertado polo Concello. As aulas participantes teñen que constituír unha empresa  en forma de cooperativa. Aprenden todos os aspectos relativos á constitución: elaboración de estatutos, elección do equipo directivo, elaboración de produtos, publicidade...  E finalmente teñen a ocasión de vender os seus produtos no Mercado que se organiza a final de curso.
A aula de 5º leva todo o curso traballando con moita ilusión nesta iniciativa e xa teñen unha chea de cousas para vender. As ganancias que obteñan empregaranse no seguinte:
1º- Devolver o capital inicial aos socios da cooperativa (os alumnos e alumnas)
2º- Pagar unha porcentaxe, en forma de impostos, á ONG Solidariedade Internacional Galiza.
3º- Financiar parte da excursión de fin de etapa.
Hoxe sae na prensa a noticia do evento de onte, Na Voz de Galicia e na Opinión.
Aquí vos deixo unha foto do grupo que asistiu ao acto.

2 comentarios:

  1. Que cariñas de satisfacción...moitos parabéns.Como di o alcalde "hai que perder o medo ao fracaso e ter iniciativas"
    Moito ánimo. Hai que SEMBRAR primeiro para logo RECOLLER, e nunca mellor dito nun proxecto que ten como nome SEMENTE.
    Quérovos. Isi.

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito esta saída. ¡E ademáis foi toda unha casualidade que ese mesmo día fose o meu aniversario! E penso que o presidente da nosa cooperativa falou moi ben o seu discurso alí.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!