Ao mesmo tempo que medra o número de usuarios na nosa biblioteca tamén medran algunhas que outras cosiñas que axudan ao seu funcionamento. Por un lado temos un fantástico bolsillero para os marcadores e uns chalecos de axudantes cos que nos será moi fácil identificalos cando precisemos a súa axuda. Por outro lado, temos que agradecer que o supermercado Familia da Rúa Monte Alto nos doara un carriño para transportar os materiais pola biblioteca. Colocar os libros vai ser moito máis doado deste xeito!
Oschalecos son xeniais!!!!!!!!
ResponderEliminarViva a biblioteca XANELA!!!!!!!!!
Que guapos saen todos na biblioteca,sobretodo os axudantes con eses chalecos.
ResponderEliminar