24/11/09

Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia


O noso centro participa mañá, mércores, na iniciativa da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, organizada polo Concello. Formaremos unha cada humana ao longo de todo o paseo marítimo, entre a Torre de Hércules e o Millenium, xunto con moitos outros coles da cidade. No enlace atoparedes máis información sobre o tema.
Mañá é ademais o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Escolleuse este día porque foi a data na que as Irmás Mirabal foron asasinadas por orde do dictador Trujillo, na República Dominicana. Esta data tivo carácter oficial a partir do recoñecemento da ONU en 1999.
Ao redor destes dous temas, tan directamente relacionados, estamos traballando nas aulas. Buscade información polos enlaces. Tamén podedes utilizar nas clases a seguinte webquest elaborada polo CEIP San Walabonso de Huelva.
Outros enlaces con material:
www.baiona.org (Actividades para traballar na aula)
Páxina do Concello

3 comentarios:

  1. son enri de 4º eu creo que os homes e as mulleres somos iguais.

    ResponderEliminar
  2. os homes e as mulleres somos iguais por dentro e distintos por fora.





    carolina.

    ResponderEliminar
  3. Ainhoa de (5º)27/11/09, 11:40

    Es lazos son xeniais aunque non estuben vinos ENCANTARONME!!!!!!

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!