20/04/13

23 de Abril de 2013 DIA DEL LIBRO

Este ano imos celebrar o día do Libro cunha exposición na Xanela titulada CINE E LITERATURA.
Ademáis imos facer  unha saída  ao patio, despois do recrero para realizar  a LECTURA EN VOZ BAIXA cos compañeiros e compañeiras do cole.
Propoñemos un concurso titulado O MEU LIBRO FAVORITO.

A titora entregará unha folla a todos aqueles que queran expresar cal é o seu libro favorito e facer unha portada do mesmo. Podedes entregalo na Xanela ao longo da semana e o venres entregaremos un detalle a cada neno que participe.
Moitos ánimos e ide pensando o voso libro favorito.
Se queres saber mais sobre a HISTORIA DO LIBRO, pincha eiquí

Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)
Coma en anos anteriores, e para celebrar este Día Mundial do Libro o vindeiro 23 de abril de 2013, edítase un marcapáxinas cun texto orixinal co que unha autora, neste caso PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro), agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Esta edición conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e foi distribuído entre as bibliotecas do Plan de mellora de bibliotecas escolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!