14/04/13

buscando respostas...

biblioteca monte alto


O pasado xoves os alumn@s de 4º foron a Biblioteca de Monte Alto para resolver unha situación. O feito é que chegaron ás praias de Galicia, e concretamente a nosa praia de Riazor un montón de botellas que contiñan unhas mensaxes dentro. Os servizos de limpeza, al lelas, viron que se trataban dunhas mensaxes procedentes das costas canadienses e que enviaron rapaces fillos de galegos que viven alá. Por este motivo as levaron ás bibliotecas municipais para que dende elas se lles poidese dar resposta ás múltiples preguntas que @s nen@s facían. Dado o volumen de mensaxes as bibliotecas pedíronnos axuda e os de 4º fomos para colaborar.
Atopamos todas as respostas as preguntas que nos facían, ademáis de aprender a movernos pola biblio e atopar a información.
Trouxemos varias solicitudes para facernos socios, xa que algúns xa o son e ademáis collemos un montón de libros en préstamo, ademáis de unha peli que está relacionada cun libro.
Nos dixeron que teñen dvds de películas, como a de mon oncle que vimos no Nadal e que podemos collelas para velas en casa coa nosa familia.
Alicia e Inés, as bibliotecarias, foron marabillosas e ensináronnos moitas cousas.
Na columna da dereita,na parte de arriba, onde di BIBLIOTECAS, tendes uns enlaces adicados ás bibliotecas onde podedes entrar e ver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!