21/04/13

no mes de abril...a viaxe de María


A nosa compañeira Maite, de educación infantil, enviounos esta historia ilustrada para que saibamos un pouquiño máis.
“Unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de color, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven como súa filla se comporta dun xeito especial, ata confirmaren o diagnóstico: autismo”
Vídeo fermoso e duro, pero real, como reais son estes nenos. Foi publicado pola Fundación Orange como parte da campaña para achegarlle o coñecemento do autismo á sociedade. A curtametraxe foi realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.
Fonte: Asociación Española de Pediatras de Atención Primaria (AEPAP)






1 comentario:

  1. Gústame este vídeo. A fundación Orange debe ser coma unha organización que axuda a que nenos e nenas con autismo teñan unha vida mellor ou algo así. Con esta historia desta adolescente autista podemos entender un pouco máis sobre Román, tamén, explícanos moitas cousas que non sabíamos.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!